Capa sólida formada sobre un líquido, especialmente a que se forma coa graxa do leite cando se deixa en repouso
Etimoloxía
Parece ser que a orixe da palabra está no baixo latín tunna que significaba ‘pel’.
Exemplos *
“Por outra banda, as monxas, que recibían á morte con alegría ante a chamada do Altísimo, preparaban, para aquelas despedidas, unhas galletas coa tona do leite e uns pasteis de fariña branca e azucre moído que eran unha delicia.” (Alfonso Álvarez Cáccamo: Xente de mala morte, 1993)
“A meiguería seica vén dende os tempos de Moisés que tiña unha vara máxica cunha cóbrega na punta que facía abrollar auga dos penedos e chover o maná que, segundo dicía a miña avoa, era unha mestura de mel coa tona do leite.” (Marica Campo: Confusión e morte de María Balteira, 1996)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.