tugurio

Cuarto, local etc., pequeno e ruín

Etimoloxía

Palabra que chega desde o latín tugurium que significa ‘cabana’.

Exemplos *

“O apartamento do reitor, máis que a casa dun pastor de almas, parecía o tugurio dun libreiro afectado pola síndrome de Dióxenes.” (Alberto Canal: Conexión Tubinga, 2008)

“Pouco amigo da fala, un mes antes de caer morto misteriosamente defendendo Madrid do asedio facha, Durruti declarou, cunha laranxeira nas mans e a lírica da verdade: "Sempre vivimos en barracas e tugurios. Teremos que adaptarnos por algún tempo. Pero non esquezan que tamén sabemos construír.” (José Ángel González: Tempos Novos, 6-1998)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.