urbano, -a

Que pertence á cidade, propio dela

Etimoloxía

Trátase dun cultismo que procede do latín urbanus, -a, -um, de significación semellante e que remite ao substantivo latino urbs, -is ‘cidade’.

Exemplos *

“Lonxe das aulas universitarias comeza a publicar os seus primeiros poemas inmersa na vida urbana dunha cidade que nos anos oitenta experimenta unha profunda transformación.” (Ana Romaní: Xela Arias. Declárome inconforme, 2021. En https://academia.gal/letras-galegas/2021/xela-arias/biografia)

“De regreso ao estudio, tamén nun bus urbano, Bet quedara durmida coa cabeza pousada no seu ombreiro.” (Anxos Sumai: A lúa colleita, 2013)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.