Conxunto de algas que deixa o mar no litoral
Etimoloxía
Voz que probablemente vén do catalán balum que, á súa vez, procede do latín volume ‘volume’.
Exemplos *
“O mar impón os tempos da marea. Se as costas volven a chegárense ó río, nas pequenas deltas dos ríachos, no decorrer do valume das augas, nos bancos de areás, de figuras de semi-lúas, refréxase a presenza doutra enerxía cósmica.” (Ramón Otero Pedrayo: Xeografía (Historia de Galiza), 1962)
“Cal soe arboladura, / De nave poderosa, / Facer negro valume, /Sobre as tendidas olas” (Eduardo Pondal: Queixumes dos pinos, 1886)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.