Texto que resulta de traducir outro
Etimoloxía
Palabra que vén do latín medieval versio que ‘cambio’ ou ‘tradución’ que remite ao latín clásico vertere ‘volver’.
Exemplos *
“No marco das clases sempre había espazo para conferencias, que impartían persoeiros da vida cultural (...), e incluso para outras actividades, como a lectura da Antígona de Jean Anouilh en versión de Franco Grande e X. M. Beiras, coa que se clausurou o quinto curso do Facho.” (María Dolores Villanueva Gesteira: Un canto e unha luz na noite: Asociacionismo cultural en Galicia (1961-1975), 2012)
“Concluída a lectura, o lector vese forzado a reler o relato e a cuestionar a identificación inicial Paul=Pablo, Virginie=Virginia. Na versión de Cunqueiro non se observan os desprazamentos, interversións e condensacións sobre os que se organiza, por exemplo, o Ulysses de Joyce, outro autoproclamado modelo de hipertextualidade.” (X. González-Millán: Silencio, parodia e subversión. Cinco ensaios sobre narrativa galega contemporánea, 1991)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.