virtuoso, -a

Artista que domina a técnica da súa arte de maneira extraordinaria

Etimoloxía

Vocábulo que vén do latín tardío virtuosus que significaba ‘bo’ ou ‘virtuoso’ que remite ao clásico virtus ‘moral’, ‘valor’ ou ‘coraxe’.

Exemplos *

“Pensaba que a xente que fai algo tan ben debía ser eterna (non só os virtuosos da arte, senón tamén os, as, os, as que conducen autobuses sen facer vomitar aos pasaxeiros, os, as, os, as que colocan a madeira dos pisos e non deixan fendas esaxeradas...).” (Xosé Carlos Caneiro: Un xogo de apócrifos, 1998)

“Na Real Filharmonía si que se fala de fútbol. (...). Grisha, ucraíno, un virtuoso do violín, deléitanos coa súa memoria prodixiosa sobre datos, nomes, aliñacións de todos os campionatos mundiais.” (Carlos Blanco: Tempos Novos, 3-1998)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.