Profesión, estudos ou actividade de xornalista
Etimoloxía
Palabra derivada sobre “xornal” e este vén do latín vulgar *diurnale ‘do día’.
Exemplos *
“Unha das primeiras citas que nos ofrece o libro é precisamente de Sofía Casanova, referencia obrigada do xornalismo galego de autoría feminina en situacións de conflito.” (Mario Regueira: Sermos Galiza, 27-11-2014)
“Eu descubrín co xornalismo (con certo xornalismo, máis ben), tanto como lectora como autora, un pracer literario, un espazo fascinante onde atopo iso que lle pido á literatura: historias e sentido crítico.” (Manuel Vidal Villaverde: Galicia Hoxe, 7-3-2011)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.