aflorar

Vir algo á superficie

Etimoloxía

Crese que é un derivado sobre “flor” e este vén do latín flos, -ris, ‘flor’, ‘felicidade’ ou ‘beleza’.

Exemplos *

“Na primavera de 1467 aflora en Galiza un sentimento colectivo de agravio, agromado durante longos anos.” (Teresa Moure: Unha primavera para Áldara, 2008)

“Mentres lía de maneira compulsiva O Principiño, os sentimentos que lle inspiraba Sulaima tamén afloraron sen necesidade de preguntas sen respostas.” (Xerardo AgraFoxo: O violinista de Malá Strana, 2008)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.