antepeito

Parede que pecha a parte inferior dunha ventá.

Etimoloxía

Para formar esta voz, combínase a forma peito, tomado do latín pectus –oris, co elemento ante- que indica anterioridade.

Exemplos *

“... van clasificando a cantería por antepeitos, agullas, tranqueiros [...]. Cada pedra é un cristal pesadísimo en perigo na balanza desequilibrada do carro.” (Anxo Angueira: Pensa nao)

“... unha avoa esquecida, apouvigada no abandono dunha cadeira, prostrada no antepeito dunha xanela aberta a un mundo minúsculo e limitado ...” (Xabier Quiroga: Atuado na braña)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.