antropoloxía

Ciencia que estuda o ser humano nos seus aspectos natural, cultural e social.

Etimoloxía

Combínanse nesta voz antropo ‘ser humano’ e loxía ‘ciencia’, tomados do grego.

Exemplos *

“…a diferenza que separa á antropoloxía da socioloxía é, en grande medida, o obxecto de estudo (as sociedades primitivas e alleas para a antropoloxía; a moderna sociedade occidental para a socioloxía)…” (María López Sandez: Paisaxe e nación. A creación discursiva do territorio, 2008)

“Leví Strauss, gran representante da antropoloxía estruturalista, por exemplo, idealiza os pobos primitivos, impugna a universalidade e nega a continuidade histórica.” (María Xosé Queizán: Anti natura, 2008)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.