estrela fugaz

Pegada luminosa que deixa un meteoro ao entrar na atmosfera terrestre

Etimoloxía

Frase formada polo substantivo “estrela” que nos chega desde o latín stella de significado idéntico complementado polo adxectivo “fugaz” que nos remite ao latín fugax ‘que foxe’.

Exemplos *

“A noiteboa na que parou o Viaxeiro moitos afirmaron ver unha estrela fugaz sobre a cidade, aínda que os máis fantasiosos dixeron que se trataba do carro do Pai Nadal.” (Tomás González Ahola: Da fría e distante estrela polar, 2016)

“Esta chuvia de 'estrelas fugaces' adoita aparecer en torno á festividade de San Lorenzo (10 de agosto), polo que tamén son chamadas 'bágoas de San Lorenzo'.” (AA.VV.: GCiencia. O portal da ciencia galega, 8-2015)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.