bicoca

Cousa que se obtén por un prezo moi inferior ao seu valor real

Etimoloxía

Termo que procede do italiano biccoca ‘fortificación elevada’, que ten, á súa vez, unha orixe pouco certa.

Exemplos *

“Vese que teñen moreas de pintura gris. Mercaríana de saldo, de seguro. Algunha boa bicoca.” (Manoel Riveiro Loureiro: O patrón, 1990)

“Paco desbaratou axiña as miñas dúbidas, fíxome ver claro que cunha sobrecarga insignificante podería merca-lo obxecto en prazos de 24 meses, aínda así unha boa compra, unha bicoca.” (Úrsula Heinze: Remuíños en coiro, 1984)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.