caldeirón

Mamífero da familia dos delfínidos do que existen distintas especies, duns seis metros de lonxitude, corpo robusto e alongado, coa cabeza globosa e sen peteiro ou cun peteiro rudimentario.

Etimoloxía

Deriva de caldeira, procedente do latín caldaria, -ae ‘baño quente’.

Exemplos *

“Oceana indicou que nas costas galegas as especies máis comúns son o caldeirón, o golfiño listado, golfiño común, golfiño mular e marsopa …” (Galicia Hoxe 08-04-2009)

“A ela a marea negra colléraa con dezasete anos, ao comezo da xuventude e na fase máis idealista de calquera moza, querendo sufrir cos golfiños, os caldeiróns e os mascatos, xurando vinganza eterna.” (Xurxo Borrazás: Costa Norte/ZFK)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.