ebanista

Persoa que ten por oficio facer mobles, traballando xeralmente con madeiras nobres

Etimoloxía

Palabra derivada tomando como base “ébano” que vén do equivalente latino ebenus que bebe do grego ébenos e este dunha voz africana.

Exemplos *

“Daquela era aprendiz no taller dun ebanista e unha vez quixera pagar as moitas atencións do doutor Calvelo coa súa familia facéndolle gratis unha gran mesa de escritorio. Ben, non gratis de vez, que Calvelo se negou en redondo, senón cobrándolle só a madeira , que foi de nogueira.” (Luís Rei Núñez: Días que non foron, 2013)

“Como escultor, Leiro continuou a tradición familiar de traballar a madeira −procede dunha familia de carpinteiros e ebanistas−, pero dende a década dos 90 incorporou novos materiais de traballo como son o aceiro e o formigón.” (AFA: O Correo Galego, 9-11-2000)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.