Persoa que traballa nunha canteira extraendo pedra / Persoa que ten por oficio labrar pedras para a construción
Etimoloxía
Denominación derivada sobre “pedra” que vén do latín petra que ten o mesmo significado.
Exemplos *
“−Tampouco ós coxos lles gusta que lles chamen coxos e mais chámaselles. Que así son as cousas e cada un é o que é. E se un día dan en chamarme a min pedreiro ou louseiro ou eu que sei, tamén terei que apandar co alcume −dixo co aquel de tranquilizarse.” (Carlos G. Reigosa: Tras da corda, 2012)
“Decidamos se parece ben reunir a toda a Confraría en apoio da Irmandade que se vai constituír de aquí a dous días no outeiro de Santa Susana. As Confrarías de pedreiros e alfaiates xa comprometeron a súa axuda, mesmo se non teñen, coma nós, voto de defender ós peregrinos.” (Marilar Aleixandre: Tránsito dos gramáticos, 1993)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.