afiador, -a

Persoa que ten como profesión ou oficio o de afiar

Etimoloxía

Voz creada sobre o verbo “afiar” que procede do latín vulgar *affilare de significado semellante.

Exemplos *

“A cousa subdesenvolvida da inmediatez. E un claro caso de son (o das bombonas axitándose) sígnico. Como aquilo dos afiadores, que aínda temos escoitado desde os pisos do meu barrio hai ben pouco.” (Yolanda Castaño: Galicia Hoxe, 6-2-2005)

“A pota estaba picada coma unha regadeira, así que o afiador, precavido, colleu a roda e o andante. Cando a dona do sancristán comprobase a eficacia dos remendos, andaría xa por Luíntra.” (Bieito Iglesias: Miss Ourense, 2016)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.