traxedia

Obra dramática de carácter serio, na que interveñen personaxes importantes e na que o protagonista é conducido polo seu fado cara a un desenlace fatal

Etimoloxía

Palabra que collemos do latín tragoedĭa, e este tómaa do grego tragōidía de significado semellante.

Exemplos *

“Daniel deduciu que o sorprendera traballando, posiblemente nalgunha daquelas traxedias gregas que reescribía, someténdoas a pequenas variacións e actualizándoas.” (Ramiro Fonte: Os leopardos da lúa. Unha traxedia particular, 1993)

“O argumento das Troianas válelle a Dorotea Bárcena para escribir sobre as vítimas da guerra que a historia nunca lembra. " Atopei esas vítimas cando relín as traxedias de Eurípides e souben con certeza que eran o botín de guerra".” (AA.VV.: La Voz de Galicia, 27-11-1997)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.