coresma

Perído de corenta e seis díuas consagrado polos católicos e os ortodoxos á penitencia, que vai desde o mércores de Cinsa ata o día da Pascua, ambos incluídos.

Etimoloxía

Tomouse da expresión latina quadragesima dies 'día cuadraxésimo'.

Exemplos *

"Agora coa Coresma fanse novenas de moita sona e veñen predicadores de todas partes." (Antonio Rodríguez Baixeiras: O rei dos ameneiros)

"O bispo, señor da cidade, reservábase, como non, certos dereitos sobre este comercio, consistentes en determinadas rendas que percibía sobre o viño que se vendese o primeiro domingo de Coresma …" (Anselmo López Carreira: Ouresnse no século XV. Economía e sociedade urbana na Baixa Idade Media)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.