estación

Lugar onde paran habitualmente os transportes de viaxeiros por terra e onde teñen as oficinas, o despacho de billetes e outros servizos

Etimoloxía

Voz que procede da latina statio, -ōnis ‘estar de pé’, ‘paraxe pública onde conversar’ ou ‘porto’.

Exemplos *

“Onda nós nunca pasan os trens. / só chegan ou parten. /Por iso tamén somos nós / a nosa última estación / o noso amor definitivo.” (Luísa Villalta: En concreto, 2004)

“Tiña medo que nese espazo de tempo, pasase o definitivo coche que o levase ou o autobús que ía en dirección a onde el vivía e que saía da estación de Carballo ás once da mañá.” (Suso Lista: Charamuscas, 2017)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.