guerreiro -a

Persoa que en épocas pasadas loitaba nunha guerra de forma ocasional ou como profesión.

Etimoloxía

Deriva de guerra, voz que procede do xermánico werra ‘pelexa’.

Exemplos *

“… recibiron os premios pola orixinalidade dos seus disfraces de mans dunha concelleira de Cultura, Ramona Castaño, que se converteu por un día en guerreira viquinga.” (O Correo Galego 21-02-1996)

“Os mellores guerreiros na proa, dispostos para o combate, tiñan un aspecto tan fero como o dragón do mascarón para amedrentar ás xentes ó seu paso.” (Mª Xosé Queizán: Amantia)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.