idioma

Lingua natural propia dunha comunidade humana, especialmente a lingua moderna dunha nación.

Etimoloxía

A súa orixe está no grego idioma –atos ‘característica propia’, que nas linguas romances pasou a significar ‘lingua dun pobo’.

Exemplos *

“A maioría de fabricantes ao teléfono rían en varios idiomas e desde distintos países, e un chegou a preguntarme se estaba a amoblar unha casa de bonecas.” (Berta Dávila: A arte do fracaso)

“… o británico Daniel Tammet ostenta a marca europea en recitar o número pi e ten unha capacidade asombrosa para a aprendizaxe de idiomas.” (Roberto G. Méndez: Galicia Hoxe 19-11-2010)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.