Programa de noticias de radio ou televisión.
Etimoloxía
Formouse a partir de informar, procedente do verbo latino informare ‘dar forma’ e tamén ‘describir’.
Exemplos *
“… entrevistado onte pola mañá no informativo matinal da Radio Galega ‘Galicia, primeira hora’, indicou ironicamente que “calquera diría que Galicia vai estupendamente e que aquí paz e despois gloria”.” (Galicia Hoxe 04-02-2005)
“Os informativos de radio e televisión espertaron onte coa noticia dunha nova fuga radioactiva nunha central nuclear rusa.” (O Correo Galego 08-01-2000)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.