parella

Cada unha das persoas, animais ou cousas que forman un par, consideradas unha en relación coa outra.

Etimoloxía

Evolucionou a partir dunha forma do latín vulgar *paricula, forma feminina do diminutivo creado de par, paris ‘semellante’.

Exemplos *

“Necesito calquera información que me axude a localizalo, onde vive, se ten parella ou amigos, a que se dedica…” (Domingo Villar: A praia dos afogados)

“Un dos caos do mundo débese, seguramente, a que as persoas case nunca chegan a coñecer a súa parella ideal.” (Camilo Franco: Palabras contadas)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.