salgar

Botar sal a un alimento para aderezalo ou conservalo

Etimoloxía

Aparece desde a forma vulgar *sallicare que resulta da clásica sallere ‘pór sal’.

Exemplos *

“...só comentarán que non puideron axudar a face-los chourizos, nin estar presentes cando se puxo a carne a salgar.”(Fina María Antón e Manuel Mandianes: O ciclo da vida, 1998)

“Desenvolveuse a tradición de mata-lo animal cara a final de ano; unha vez salgado, a súa carne formaba parte da dieta de inverno.” (Miguel González Aguiar: O Correo Galego 12-11-2000)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.