Laxe dun monumento megalítico
Etimoloxía
Palabra que nos leva á latina antae ‘piar’.
Exemplos *
“A batalla, ou as sucesivas batallas, continuáronse por catro días nos cómaros e cuíñas do país, polo que se coa xa o vento mareiro, esparexendo humidade nas herbas, coas antergas antas coma testemuñas.” (Xosé Miranda: Historia dun paraugas azul, 1991)
“Dombate, a chamada "catedral" das antas galegas, non debe escurecer o resto dos "templos" da súa redonda, que nalgún caso ten a mesma categoría: caso de Pedra Cuberta e da Pedra da Arce de Regoelle.” (Xosé Mª Lema: Sermos Galiza, 6-8-2015)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.