Ciencia que estuda o ser humano nos seus aspectos natural, cultural e social.
Etimoloxía
Combínanse nesta voz antropo ‘ser humano’ e loxía ‘ciencia’, tomados do grego.
Exemplos *
“… a diferenza que separa á antropoloxía da socioloxía é, en grande medida, o obxecto de estudo (as sociedades primitivas e alleas para a antropoloxía; a moderna sociedade occidental para a socioloxía) …” (María López Sandez: Paisaxe e nación. A creación discursiva do territorio)
“Leví Strauss, gran representante da antropoloxía estruturalista, por exemplo, idealiza os pobos primitivos, impugna a universalidade e nega a continuidade histórica.” (María Xosé Queizán: Anti natura)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.