auricular

Aparello que, aplicado ao oído, permite escoitar o son dunha radio, ou dun instrumento similar, sen que os demais o oian

Etimoloxía

Vocábulo que vén directamente do latín auricularis ‘da orella’

Exemplos *

“Batallón quita os auriculares e incorpórase, sentando fronte a el. Parécelle que no pouco tempo que leva aquí, aquel rapaz avellentara varios anos.” (Manuel Portas: Un dedo manchado de tinta, 2011)

“-Empezamos - anunciou secamente Losada, e o inspector abriu o caderno e colocou os auriculares preguntándose se os do locutor serían tan molestos coma os seus.” (Domingo Villar: A praia dos afogados, 2009)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.