Establecemento ou empresa que, mediante pagamento, xestiona asuntos alleos ou realiza certos servizos, actuando polo xeral de intermediario
Etimoloxía
Palabra de orixe latina agentia, aínda que entra a través do italiano agenzia para esta acepción.
Exemplos *
“A empregada da axencia de viaxes buscoume o destino máis axeitado aos meus desexos.” (Xosé Manuel Martínez Oca: Como paxaro caído do niño, 2006)
“(...) ultimamente, entre as ofertas da axencia e as viaxes que pilla polo inserso non dá parado na casa (...)” (Manuel Portas: Un dedo manchado de tinta, 2011)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.