Néboa espesa e baixa
Etimoloxía
Palabra relacionada con estoutra “borraxe”, que vén do latín da botánica borragine designación dunha planta.
Exemplos *
“Os días foron pasando, uns con sol, outros con borraxeira e outros con raiolas e anubrados. Non tivemos tan bo tempo como adoitamos ter en Louro.” (Manuel Iglesias Turnes: Que non te aten, 2017)
“O sol comezaba a baixar cara ás Sisargas e o seu resplandor era afogado polo po, o fume e a borraxeira que entraba desde o mar despois de tres días de calor.” (Xurxo Borrazás: Costa Norte/ZFK, 2008)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.