caracocha

Oco ou cavidade relativamente grande no toro dunha árbore.

Etimoloxía

Descoñécese a súa procedencia.

Exemplos *

“Apoiada na caracocha aberta e retorta coma ela, fincou no chan o xeonllo dereito, sostendo aínda o corpo ergueito, aguantando a vida cun caxato que premía entre os dedos.” (Francisco X. Fernández Naval: Sombras no labirinto)

“A medida que foran medrando fendéranlles o tronco pola metade e crearan no seu interior unha caracocha que co paso dos anos chegou a converterse nun habitáculo de incluso varios metros de diámetro.” (Alberto Canal: Conexión Tubinga)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.