cigarrón

Personaxe do Entroido galego propio de Laza e Verín

Etimoloxía

Crese que é unha palabra de orixe onomatopeica.

Exemplos *

“Como esta, outras moitas tradicións encherán Galicia desde as montañas de Ourense e Lugo, onde sairán peliqueiros, cigarróns, pantallas, volantes, irríos, felos ou charrúas, ata as costas do Morrazo, onde se volverán citar as madamas cos galáns.” (M.G.P.: De Luns a Venres, 8-2-2013)

“Xa veñen os cigarróns de Verín e os peliqueiros de Laza con camisa branca e calzón curto de seda avanzando cara a nós, dando brincos, bailando e mallando coa pelica que levan entre as mans” (Pedro Rielo: Galicia Hoxe, 4-2-2005)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.