Acción de guerra na que se enfrontan dúas forzas
Etimoloxía
Termo que nos chega desde o verbo “combater” que, á súa vez, bebe do equivalente do latín vulgar *combattĕre que nos leva ao clásico combattuĕre ‘loitar con’.
Exemplos *
“Teus fillos vagorosos / en que honor soo late, / a intrépido combate / dispondo o peito van” (Eduardo Pondal e Pascual Veiga –música–: Os Pinos, 1890)
“Os mapas amosan a magnitude do avance da velutina. (...). Aínda que o combate contra a velutina era menos intenso hai anos , a extensión da mancha vermella evidencia a invasión.” (Victoria García: GCiencia. O portal da ciencia galega, 1-2019)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.