costela

Óso, cando é de porco, vaca, cordeiro, xato etc., coa carne que o rodea, para ser comido

Etimoloxía

Chega do diminutivo do vocábulo latino costa, -ae ‘costela’ ou ‘illarga’.

Exemplos *

“O Botillo do Bierzo é costela e rabo de porco, ben tallada, adubo de pemento, allo, sal e especias naturais, que se embute na tripa gorda e se afuma con leña de carballo e aciña.” (X.M. Couselo: O Correo Galego, 14-10-2001)

“Xa estaban outra vez as Marías, desta volta cos garabanzos, o repolo, a costela e o lacón, traídos en equilibrio sobre as mesmas bandexas nas que antes subiran as primeiras viandas.” (Marcelino Fernández Mallo: Cabilia, 2005)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.