crecente

Lúa crecente

Etimoloxía

Voz que bebe no participio presente do verbo latino cresco ‘enxendrar’ ou ‘ir en aumento’.

Exemplos *

“—Lávate ben todo o corpo durante unha semana. Comes papas de centeo catro veces ó día. O vinte dous é o crecente da lúa. Hei vir sangrarte. Perrón de Braña, endemais, curaba con historias. Contaba ó doente unha completa historia, cuxo final era un enigma ou unha adiviñanza.” (Domingo García-Sabell: Ensaios, 1963)

“Empezaron a baixar, e a noite pechouse no medio do seu descenso. Seguiron andando, guiándose máis pola pendente ca pola luz cativeira do crecente da lúa. Foise dulcificando a baixada e entraron nun bosque. Un halo de nubes delgadas apagaba o luar, e nin sequera puideron discerni-la especie das árbores.” (Darío Xohán Cabana: Galván en Saor, 1989)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.