Policía que ten como cometido facer investigacións para aclarar sucesos escuros e misteriosos / Profesional que se dedica a facer investigacións privadas por encargo dun cliente
Etimoloxía
Préstamo procedente do inglés detective.
Exemplos *
“Tamén estamos aquí porque a detective Lupita Grande aínda ten algunha pregunta que facerlle .” (Xavier Lama López: Os reloxos preguiceiros de Néboa, 2011)
“Lucía non quería nin pensalo, pero a sospeita de que el tamén fora asasinado collía forza por momentos. Tal vez fose unha vinganza... Teñen inimigos?, preguntara a detective.” (Mª Xosé Queizán: Ten o seu punto a fresca rosa, 2000)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.