féretro

Caixa alongada de madeira onde se mete o corpo do defunto para enterralo

Etimoloxía

Palabra culta que procede do termo latino feretrum ‘padiola para levar despoxos’, que bebe do grego phereton que bebe do verbo phérein ‘levar’.

Exemplos *

“No momento de depositar o seu féretro na terra o pastor pronunciou unha fermosa elexía na que salientou as súas virtudes, en especial a súa xenerosidade.” (Xosé Mª Lema: Costa do solpor, 2013)

“E poida que veñan dun villa Attauldi, que a súa orixe sexa antroponímica e que o seu significado non teña nada que ver co que cremos a simple vista que é un ataúde, a caixa dun morto, un cadaleito ou féretro e que non pertenza ao campo léxico da morte.” (Xosé Ramón López Boullón: Galicia Hoxe, 8-4-2009)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.