fisioloxía

Ciencia que estuda o funcionamento dos órganos e dos tecidos dos seres vivos.

Etimoloxía

Remóntase ao grego physiologia ‘estudo da natureza’, creao sobre physis, -eos ‘formación’.

Exemplos *

“O premio nobel de Medicina e Fisioloxía, César Milstein, advertiu onte en Vigo que nun futuro próximo haberá que facer fronte a problemas éticos derivados dos custos prohibitivos de tratamentos con fármacos innovadores …” (O Correo Galego 11-05-1999)

“O vitalismo tivo acaso un efecto máis favorable que o mecanicismo no desenvolvemento da fisioloxía nos séculos XVIII e XIX.” (Emilio Valadé del Río (trad.): Ernst Mayr: Historia do pensamento biolóxico)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.