fluvial

Relativo ou pertencente aos ríos

Etimoloxía

Vocábulo derivado do latino fluvialis que, á súa vez, vén de fluvius ‘río’.

Exemplos *

“Moitas son a aldeas, vilas e cidades que se erguen a carón das augas fluviais.” (Xosé Lois Ripalda: O país dos mil ríos. Cultura fluvial en Galicia, 2009)

“As augas virxinais do Miño non están aínda emporcalladas, como o van estar no seu curso fluvial por culpa de intereses económicos bastardos.” (Xosé Chao Rego: A meiga e os frades. Lenda do Pedregal de Irimia, 1993)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.