galano

Lambada ou calquera chilindrada que se lle leva a un neno / cousa coa que se agasalla

Etimoloxía

Voz que toma como base estoutra “gala” que bebe da francesa gale que, á súa vez, remite ao xermánico wale ‘riqueza’.

Exemplos *

“Ata os galanos que lles facía ós cativos eran máis para quedar ben comigo ca con eles.” (Francisco A. Vidal: Os pecados capitais, 2007)

“Aquí tes como galano de voda a miña primeira composición musical, levoume todo o ano : Canción de Castrelos..” (Xosé Mª Lema: Costa do Solpor, 2013)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.