galiña

Ave doméstica da familia dos fasiánidos, femia do galo, con crista pequena e vermella e peteiro curto, que se cría para aproveitar os seus ovos e a súa carne para a alimentación

Etimoloxía

Vocábulo herdado directamente do latín gallina, -ae ‘galiña’.

Exemplos *

“Os pais, gozosos, marchan na procura do xuíz para referirlle o extraordinario acontecemento, surprendendo a este diante dunha mesa cando se dispón a comer un galo e unha galiña.” (Vítor Vaqueiro: Mitoloxía de Galiza. Lendas, tradicións, maxias, santos e milagres, 2011)

“Ademais, difícil sería de medir cánto lacón, cánta carne fresca, cánta galiña, cánto touciño e chourizo, cántos garavanzos e cánto repolo ou grelos se lle poñería para unha ou dúas persoas.” (Lois Caeiro: O Correo Galego, 10-11-2000)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.