Tira de tecido con flores e follas, en forma de onda ou de coroa, que se usa de adorno.
Etimoloxía
Palabra de orixe incerta mais crese que pode vir do provenzal guirlanda e esta, ao mellor, do francés antigo garlande 'que adorna'.
Exemplos *
"Desde alí mira como tremelocen ao lonxe as luces amarelas das estradas que se intúen na outra banda da ría, crepitando en pequenas estreliñas, como as grilandas que oscilan con levidade nunha árbores de Nadal." (Manuel Portas: Denso recendo a salgado)
"Os edificios seguían coas súas árbores e grilandas faiscando no interior das xanelas." (Xoán Fuentes Castro: O pescador de cana)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.