innovar

Introducir algunha novidade nun dominio determinado

Etimoloxía

Palabra que ten a súa orixe na latina innovare, 'renovar’.

Exemplos *

“Facer isto implica investir con visión de futuro, crear as condicións para que emerxan as empresas que hoxe non existen, para que innoven as empresas que hoxe aínda non o fan (...)” (Xavier Vence Deza: O fracaso neoliberal na Galiza. Reconstruír a sociedade e o país, 2005)

“Unha segunda liña de actuación ten que ver co fomento da competitividade e baséase na necesidade de innovar das empresas.” (Xosé H. Vázquez et ali: Territorio, financiamento e control de gasto. Chaves da economía pública galega II/ Política industrial e dinamismo empresarial, 2008)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.