laimo

Sabor agradable das comidas e bebidas

Etimoloxía

Palabra que procede do árabe laimum ‘limón’.

Exemplos *

“Salgábase porque, cando teñen bo toro por toda a parte da barriga, teñen algunha graxa e desta maneira chegan a saber ben (...). A agulla é un dos peixes máis azuis do mar, polo que a súa carne é dun sabor moi eslamiado, carece de laimo.” (Xavier Rodríguez Vergara: Redes e peixes. Saberes dun mariñeiro, 2008)

“Despois de xantar, como un ritual cotián, Merceditas despedía ao marido no hall da casa e pasáballe revista de pés á (...) Pasada a inspección, bicábao, meiga, compracida da súa prestancia. Fora por iso, polo laimo, que casara con el e lle disimulaba a escasa imaxinación e viveza expresiva.” (María Xosé Queizán: A semellanza, 1992)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.