lupanda

Comida abundante que reúne a certo número de persoas con ocasión dun acontecemento extraordinario

Etimoloxía

Palabra de orixe descoñecida.

Exemplos *

“Desde que soubeches que non foras convidado á lupanda dos vips, non fixeches máis que te compadeceres.” (Manuel Lourenzo: As horas baixas, 2008)

“Apunteime ás lupandas, ás troulas, ás parrandas, andando o día enteiro de varanda coma un gandaio. Non había esmorga na que non me atopara.” (Hixinio Puentes: O bandido Casanova, 2000)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.