magnánimo, -a

Que ten ou demostra bos e elevados sentimento

Etimoloxía

Palabra culta que procede da latina magnanimus, -a, -um de significado semellante.

Exemplos *

“–Non o interprete coma unha ofensa –dille á costureira, que pensa que é moi fácil para os ricos amosarse magnánimos. A de Bescansa segue falando: "Era obrigado para a nosa familia estarlle moi agradecida á súa filla, e esa é a única razón do noso ofrecemento.” (Luís Rei Núñez: Expediente Artieda, 2000)

“Fomos ao do Atín, un algo esquecido hoxe en dia entre fentos e edras ; ao de Anzobre, feito segundo as máis perfectas artes de cantería, e ao cabo ao de Mosende, rodeado de grandes hortas de froita e no que agora un magnánimo indiano andaba a dicir escola para os rapaces.”

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.