Planta herbácea e flor da familia das compostas, que bota flores de pétalos brancos e centro amarelo e da que existen diversas especies
Etimoloxía
Nome que bebe do latino margarita ‘perla’ que remite ao grego margarítes ‘pedra preciosa’.
Exemplos *
“Cando pasea cada tarde, a súa feble e vella figura debuxándose sobre o horizonte, deixando atrás os campos onde na primavera medran as anemones, as margaridas e as violetas, lonxe da cúpula das grandes árbores, e contempla cara ao oeste o outeiro de Ewald, pensa que o mar é o de sempre, gris e inabarcable á súa ollada.” (Miguel Mato Fondo: Adeus, capitán Walton, 2018)
“Creo que lle lembrei a mamá e que sentiu que a filla que criara, ou a que non criara, a que deixara medrar como se deixa facer ás margaridas silvestres do xardín, era outra cousa diferente á que debía ser.” (Berta Dávila: O derradeiro libro de Emma Olsen, 2013)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.