mazaroca

Froito do millo

Etimoloxía

Palabra que ten a súa orixe no árabe peninsular masúrqa ou maṣúrqa, que remite ao árabe māsūrah, que bebe do persa māsure 'bobina'.

Exemplos *

“As mazarocas reciben distintos nomes segundo o tamaño, a calidade ou a cor dos grans das espigas. Así, tendo en conta estas calidades, hai distintas castes de millo entre elas o pego de espiga moura, o pedrés multicolor, o rei de cor roiba, o marelo e tamén hai millo de espigas brancas e vermellas.” (Xosé Lois Ripalda: A cultura do pan, 2008)

“Vestía do trinque, tiña auto americano, piso posto e viaxou, coa muller, ó seu Vilamarín (...). E chora, chora coma un neno cando di que despois de tantos anos, subindo polo carreiro que vai á aldea viu a súa nai, esgumiada e enxoita, que viña de recoller unhas mazarocas da leira.” (Luís Menéndez Villalva: Toda a terra é dos Homes. Galego do mundo, 1993)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.