mora

Froito da silva, de forma redonda e constituído por pequenos grans que cando están maduros son de cor negra

Etimoloxía

Vocábulo que chega desde o latín vulgar mora que bebe do latín clásico morum de significado semellante.

Exemplos *

“A mora é multicolor, vírase de cor verde, logo vermella e cando está maduriña, a piques de ser colleitada, é de cor negra. Até hai pouco era descoñecido comercialmente o zume, o xarope e a marmelada de moras.” (Margarida Miguens: Cerna. Revista galega de ecoloxía e medio ambiente, 3-2013)

“Rapinaba o que podía dos animais e ademais se era o tempo das castañas aproveitaba para recollelas, se o das moras, púñase os dediños negros porque collía as maduras e se non era noite de luar, picábase nas silvas.” (Mª Xosé Queizán: O solpor da cupletista, 1995)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.