Planta da familia das liliáceas, de follas brillantes e flores brancas moi recendentes, dispostas en espigas
Etimoloxía
Termo que chega desde o latín nardus, este bebe do grego nárdos, relacionado co sánscrito nālada, nome da planta e o bálsamo.
Exemplos *
“Para que soños aprendeu a contar nubes. Para que amores cultivou nardos se ó fin nada lle pertence e todo ha ser exequia, memoria, virtude da paisaxe.” (Carmen Pereiras: pequenos infinitos / Como queiras, Proserpina, 2008)
“Dirixinme o meu cuarto. Na casa apousaba un delicioso olor a nardos e a xasmíns mollados polo orballo.” (Manuel Iglesias Nimo: Premios Pedrón de Ouro 1985/1986 / O enterro de Mambrú, 1987)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.