petouto

Monte pouco elevado e de forma cónica / Parte máis elevada e aguda dunha montaña

Etimoloxía

Vocábulo que se forma coas palabras “petón” derivado de “peta” que significa ‘saínte’ e o arcaísmo “outo” que significa ‘alto’.

Exemplos *

“O lobo do lombo prateado deu tres brincos alongados, rápidos e certeiros, e situouse no alto da rocha nun risco chan e sobresaínte que o petouto ofrecía á grandiosidade do val.” (Antón Cortizas: Leonel, 1996)

“O corvo branco revoou tres veces sobre o petouto, e logo saíu largado cara ás carballeiras de Saor. O señor Galván montou na motocicleta e deulle ó pedal. O motor bruou poderoso.” (Darío Xohán Cabana: Galván en Saor, 1989)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.